Ferrol Ferreiro

Descrición

Un reto interesante que nos chegou por encargo do grupo Ferrol Ferreiro para a actualización de estancias na súa prestixiosa residencia de estudantes no centro de Santiago.

Trinta e catro habitacións con baño e zonas comúns que acondicionamos en tres fases de traballo para non interrompermos a actividade. Centrámonos principalmente en casar espazos actuais, funcionais e, sobre todo, acolledores; habitacións onde os estudantes pasan longas horas de estudo. Para iso combinamos cores cálidas e papeis pintados que aportan vida e persoalidade ás estancias.