Barrio Xardín

Concepto

Descricion

Sabíamos que o éxito desta reforma había consistir en saber conxugar a arquitectura clásica desta vivenda de comezos do século XX co estilo moderno e minimalista que o propietario desexaba.

 

O cambio na distribución e o novo deseño das escaleiras axudaron a crear un ambiente contrastado e moderno que engaden luz e amplitude nas estancias. O característico panelado de carballo na planta Baixa crea unha continuidade coas zonas de paso e amece unha textura cálida ás estancias.