Hotel Rosalía

Descrición

Fogar. É o primeiro pensamento que arelamos para os viaxeiros que visiten o Hotel Rosalía.
A nosa intención neste proxecto era crear un espazo acolledor e natural, nun ambiente relaxado, para todos os que devezan por un momento de acougo antes ou despois da xornada.

 

 

Para iso xogamos con materiais de aspecto natural e tons suaves. Inserimos formas orgánicas tanto en elementos decorativos como na xeometría do espazo, creando un ritmo envolvente a partir de planos inclinados a modo de “cabana”.

 

 

A iluminación ten un papel importante de cara á calidez do espazo, espallando os puntos de luz individuais que aportan unha aura íntima ao proxecto.

 

 

 

 

 


Client
Architects
Year
Program
Status
Scale