Restaurante Albatros

Descrición

 

 

Nesta intervención nun restaurante na costa galega, traballamos dende o primeiro sobre a base da nosa cociña e a tradición que abrangue. Porén, buscamos un ambiente renovado e acolledor que integrara esta idea. A solución adoptada quere evocar no visitante o recoñecible recendo natural do atlántico das nosas costas.