Galeria
RESTAURANTE ACDC
Nun pequeno recuncho do corazón de Compostela, os propietarios deste restaurante pedíronnos un aire renovador para o seu local.
O forte carácter dos espazos de pedra típicos da zona supuxo afondar nun proxecto singular no que o estudo aportou solucións creativas a fin de casar tradición e vangarda. Coa cor azul do noso Atlántico como alicerce do estilismo; a iluminación, os materiais modernos e o traballo do noso equipo fixeron o resto para acadar un ambiente fresco, cómodo e acolledor.
O resultado, un local agradable con gusto a mar que lle serve de escena ao saber da cociña galega.