Óptica Tábora

Concepto

Para este proxecto, buscamos unha imaxe limpa e renovada, con aspecto técnico.

A Solución

Para este proxecto, buscamos unha imaxe limpa e renovada, con aspecto técnico e na que as lentes fosen as protagonistas do espazo. A actuación estivo condicionada pola conservación de elementos propios do establecemento. Malia iso, non quixemos esquencer o toque persoal que distinguiría o local dos coexistentes na zona.
Optamos por unha estética moderna, en harmonía coa funcionalidade. Ademáis, inserimos elementos salientables, coma os espellos de forxa en cor negra de deseño propio, e o mural situado no fondo do local, que a partir dunha técnica pixelada crea un efecto óptico moi xeitoso para o establecemento.

Óptica Tábora en Pontedeume