ÓPTICA TÁBORA SANTIAGO, 2021

DescriPcion

O deseño desta óptica parte dun estudo exhaustivo de todos os elementos que compoñen o espazo, dende os elementos arquitectónicos ata os requisitos técnicos para a exposición do produto. Todos estes aspectos foron traballados cunha ardua investigación previa, desenvolvemento completo das formas e obxectos, e ensaios no taller.

 

O resultado é un espazo único, cun marcado carácter de inspiración Art Decó, que transporta ao usuario a unha época de luxo visual e formas orgánicas a través dos elementos de forxa nun rechamante ton dourado, cunha combinación de iluminación técnica e decorativa. No seu conxunto conséguese un ambiente visualmente impactante, que aporta valor ao produto e no que desfrutar ata do máis mínimo detalle.