Descripción
No corazón de Santiago de Compostela, xurde un recuncho único: O Cotiño, onde a esencia dos ultramarinos se fusiona coa arquitectura tradicional, buscando solucións innovadoras sen perder a lembranza e as tradicións arraigadas na alma dos galegos.
O deseño de O Cotiño, unha intervención respectuosa, baséase na riqueza visual da nosa terra, a nostalxia e a modernidade entrelazadas, levando esta filosofía ata a gráfica e a identidade de marca. As estruturas de forxa transportannos de maneira abstracta ás viñas plantadas nos fogares dos nosos avós. O mobiliario, desenrolado a partir dun sistema de modulación e montaxe específico para o local, combina funcionalidade e estética potenciando o espazo.
A iluminación, coidadosamente disposta, xoga un papel fundamental ao resaltar cada elemento e dar vida á atmosfera acolledora. As liñas, os materiais e ata os tons e a luz evocan a nosa Galicia de sempre, as súas tendas, tabernas, os seus montes e a súa vexetación, unha memoria do que cambia e dá lugar a novas vivencias e recordos.